14 nov 2011

O regato da Venda

Vemos publicado no Faro de Vigo de onte o custe deste proxecto, que tanto se leva dilatado no tempo. O que nós como cidadáns esperábamos era outra nova: a do comezo das obras dunha vez, e a do compromiso verdadeiro dos nosos gobernantes, de calquera administración, de solucionar este grave problema. Ese diñeiro non habería que gastalo se se fixeran as cousas ben dende hai moito tempo.
Non nos gusta esta noticia. Lemos entre liñas, e non nos gusta.
Só esperamos responsabilidade e eficiencia. Non nos fagan sentir vergoña allea, por favor.

V XORNADAS MICOLÓXICAS







O tempo non axudou, pero a vontade e a ilusión superan todos os obstáculos. Atopáronse cogomelos, en contra dos pronósticos, e os/as que nos acercamos pola exposición puidemos aprender algo máis. Gracias aos "incombustibles" de sempre, que dedican o seu tempo e o seu esforzo para seguir facendo estas actividades.

6 nov 2011

PREPÁRATE PARA RECOLLER COGOMELOS




O próximo día 12, sábado, ás 16 h, xuntarémonos para ir coller cogomelos. O domingo, día 13, teremos a exposición. De momento aquí quedan unhas páxinas para informarnos, aprender máis e recoñecelos mellor:


SETAS DE GALICIA


FUNGIPEDIA


LAS SETAS Y LOS HONGOS

26 sept 2011

MÁIS DO MESMO

Lembremos o compromiso do Concello para comezar as obras do noso local social. Parece ser que comezarán en breve.





18 may 2011

TEREMOS LOCAL?

Na tarde de hoxe asinaban Calis e máis o alcalde de Ponteareas un acordo polo que se executará a primeira fase da construción do noso local social. A execución da obra sería durante este ano 2011. Damos un pasiño máis nesta vella reivindicación. Esperemos que sexa visible pronto.

19 mar 2011

A REVOLUCIÓN Ó COMPLETO

Xa temos as fotos de "Perico" ( gracias Juan unha vez máis). Para descargalas accede ao album AQUÍ.


17 mar 2011

A QUEN LLE GUSTE CAMIÑAR...

Da fraternidade Tau achégannos unha invitación:

"Amigos:
Las catequesis de la Provincia Franciscana de Santiago organizan un día de senderismo como ya se viene haciendo desde hace algunos años. El pasado año un buen numero de vecinos asististeis, de modo que podemos repetir experiencia. Iremos en autobus hasta Cerdedo el próximo sábado 26 de marzo. Podeis apuntaros en el convento (Fray Bernardez). "

Gracias por contar connosco.

13 mar 2011

ENTROIDO 2011

Xa temos as primeiras fotos que nos achegan Ana e Álvaro. Iremos incorporando máis e completando pouco a pouco a nosa páxina do Entroido.
De momento aínda estamos saboreando ese 1º premio, ben gañado a pulso por un gran equipo no que todos/as e cada un puxo a súa aportación: organizar, coser, montar a carroza, preparar o equipo de son, facer orellas e dulces, buscar música, cantar, bailar, animar, comprar materiais... entre risas e debates, todo para pasar un entroido como está mandado. Parabéns COMPARSEIROS E COMPARSEIRAS.


28 ene 2011

LIMPEZA DO RÍO TEA

Esta Asociación forma parte da Plataforma Defendendo o Tea.
Algúns dos veciños e veciñas participaron xa en dúas xornadas de limpeza do río.
Da última dispoñemos de imaxes que nos envía Amador:






Di Amador: Catro homes fortes de Canedo, e como costou sacar aquelas rodas do río!
Pero tamén estaba Felisa para dar ánimos ( ou dar a lata, según se vexa )

E seica houbo alguén que aproveitou para localizar algún Boletus Pinnicola...