Mostrando entradas con la etiqueta tradicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tradicións. Mostrar todas las entradas

8 ago 2015

CELEBRACIÓN DO SAN XOÁN 2015

Como de costume reunímonos xa pola tarde para xogar á chave e a rá, mentres preparamos todo para a cea que compartimos nesa noite meiga. Este ano non puidemos facer fogueira, pero ardeu a queimada, como sempre ao tempo que recitamos o conxuro.
Este ano contamos coas pandereteiras "Pedra da Garza" de Fozara, que animaron e encheron de ritmo a nosa xuntanza.
Aquí temos unha mostra do ben que o pasamos:

                        

 Como novidade, este ano fixemos a saída para recoller as Herbas de San Xoán, poñelas a remollo toda a noite, para lavar  a cara coa auga pola mañá.




Demos comezo a un álbum que iremos completando en anos sucesivos, co que aprendemos dos nosos maiores e o que vaiamos aportando entre tod@s. 
Pinchar na imaxe para ver:

https://picasaweb.google.com/117122253384796948973/HerbasDeSanXoan?authuser=0&feat=directlink



2 jul 2010

NOITE DE SAN XOÁN


O 23 de xuño reunímonos para celebrar a "noite meiga", o comezo do verán.
Grazas aos organizadores, que tiveron que apañar a leña, trasladala e colocala... pero que feitiña quedou! Ata se adiviñan máxicas figuras...



José recitou o conxuro da queimada, Calis e Cándido remexeron moi ben, e resultou boísima.

Infórmate sobre esta tradición.





18 abr 2010

PICARAÑA 2010


O día 1 de maio os veciños e veciñas que desexen subir á Picaraña reunirémonos coma sempre na poza de Canedo, para subir xuntos a pé, como manda a tradición. Esperaremos pola xente que veña de Ponteareas, que teñen a saída ás 10,30 h. Como novidade este ano haberá actividades no monte durante o día, pois varias asociacións deste concello puxeron empeño en dar un pulo a esta romaría que nos últimos anos estaba decaendo.