Mostrando entradas con la etiqueta cursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cursos. Mostrar todas las entradas

15 ene 2018

OBRADOIRO DE PANDEIRO CADRADO

Xunto coa Asociación Folklórica Sadeo de Ponteareas organizamos no noso local un obradoiro de elaboración dun pandeiro cadrado, de interese para as compoñentes do noso grupo de pandeiretas.
Haberá próximamente outra oportunidade para as persoas que o desexen.
Mirade que xeitosos:








7 dic 2017

INFORMÁTICA BÁSICA

Tamén o curso de informática básica resultou proveitoso para os asistentes. Continuaremos aprendendo.




4 dic 2017

CURSO CESTERÍA

Rematamos con éxito o curso de cestería de vimbios subvencionado polo Concello de Ponteareas. Con moito traballo pero cunha boa aprendizaxe, levamos todas e todos un cestiño para as nosas casas.








2 ago 2016

CURSOS E ACTIVIDADES 2016

Na primeira semana de setembro comezan as actividades, despois do descanso vacacional.
A que nos podemos apuntar?

  • Cociña e alimentación saudable, con subvención da Deputación de Pontevedra.
  • Informática básica, con subvención do Concello de Ponteareas.
  • Pandeireta e canto popular
  • Ioga
  • Pilates 



17 ago 2015

PRÓXIMOS CURSOS

Comezaremos no mes de setembro o curso de Corte e confección, con subvención do Concello de Ponteareas.


Tamén te podes inscribir, para comezar en outubro, aos cursos de Pandeireta e canto popular ou Elaboración de conservas artesanais, ambos con subvención da Deputación de Pontevedra.



 Ademais retomaremos en setembro a actividade de pilates.