24 nov 2009

Xornadas micolóxicas

Os pasados 21 e 22 de novembro esta Asociación organizou unhas xornadas micolóxicas, con saída ao monte e posterior exposición. A pesares do mal tempo a recollida tivo bastante éxito. Este é o terceiro ano que se organiza, grazas ao noso especialista Fructuoso e á colaboración de Anxo, de Adenco.





Ata tivemos a sorte de ver o nacemento dunhas crías de babosa...




A rotonda está rematada, pero...


Os veciños e veciñas de Canedo e San Vicente cuestionanse de novo a calidade do proxecto da rotonda da N 120 que da acceso aos seus barrios, tantas veces reclamado e tantas veces denegado e supostamente realizado por enxeñeiros cualificados. Nos últimos días, coa pouca chuvia aínda caída, fúndense as terras, aparecen socavóns, as augas circulan por onde non deberían, houbo que abrir as portas instaladas no antigo paso peatonal…etc. Observáronse operarios reparando e ó día seguinte a situación volveu á mesma.
Confirmase que a natureza é sabia e que as sospeitas da veciñanza estaban ben fundamentadas: una obra mal deseñada, mal executada e sobre todo sen ter en conta os intereses das persoas que a teñen que utilizar a diario.

18 jun 2009

Carga Policial Parte 2

Video Carga Policial Parte 1

A paralización da obra pacifica tal e como se mostra na imaxe rematou de forma un pouco mas violenta coa intervención dos antidisturbios.

Album de fotos

Paralización pacifica da obra que non respeta a legalidade en relación ao "regato da Venda", tan maltratado dende sempre ao longo do seu curso...


...e actuación violenta das forzas da Guardia Civil.