18 nov 2012

E A PESARES DA CHUVIA...

...vaia cantidade de cogomelos atopastes, cantas variedades. Cada ano aprendemos máis. Ata que unha macrolepiota asada á brasa cheira que alimenta.
 Exposición exitosa e magosto saboroso. Gracias, expertos!

11 nov 2012

VI XORNADAS MICOLÓXICAS



Un bo documental que atopamos na rede:

19 sept 2012

EXCURSIÓN AO CEBREIRO

O tempo non podía estar mellor, soleado e tranquilo. O pasado 15 de setembro saímos para O Cebreiro: paisaxes que agrada ver, ainda que xa os coñezas, paseos nos que algo novo sempre se descubre, e reencontro con persoas amigas. Despois de recorrer a aldea, reunímonos para comer nunha zona recreativa próxima. Pola tarde visitamos o Mosteiro de Samos, sen esquecernos, por suposto, de mercar o queixo e algunha que outra lembranza. 


6 jul 2012

ACTIVIDADES


Estas son as actividades organizadas por esta asociación, que se están a realizar actualmente. Agás o taller de memoria que durará os meses de xullo e agosto, as demais actividades continuarán mentras haixa participantes.

30 jun 2012

SAN XOÁN 2012

Celebrámos a chegada do verán reuníndonos, con partido de futbol, xogos populares, fogueiras, sardiñas e, como non, queimada.


22 feb 2012

ENTROIDO 2012: SOMOS O 69

Avance fotográfico:
PRE-ENTROIDO : sobran as palabras








Pincha na imaxe para ver as primeiras fotos do desfile: