25 ene 2010

Reunión coa Confederación Hidrográfica

O pasado martes 19 de xaneiro a Asociación de veciños mantivo unha reunión en Ourense co Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para coñecer os detalles das melloras, que se van levar a cabo, do regato "Da Venda". Mais información aquí.

2 ene 2010

PARA NON ESQUECER

MEMORANDUM 2009
O ano 2009 para a Asociación de veciños de San Vicente e Canedo será difícil de esquecer. Queremos facer unha lembranza especial das cousas que nos aconteceron só por querer o mellor para os nosos barrios e querer participar como cidadáns nas decisións da administración que nos representa:
 O noso alcalde nen sequera nos fixo caso nin se posicionou do noso lado nas nosas xustas peticións ao ministerio de Fomento. Non se presentou nin respondeu ás chamadas cando recibimos unha malleira.
 O PSOE de Ponteareas non soubo estar á altura dos seus representados nin tivo o valor de loitar connosco por algo xusto, mesmo poñéndose en contra das nosas reivindicacións.
 O Sr. Faustino Rubio amosou prepotencia de funcionario e pouco respeto pola legalidade, negando a existencia dun regato que pertence á Rede natura 2000.
 O subdelegado do Goberno en Pontevedra tratounos de modo discriminatorio e vexatorio, coma se fosemos delincuentes, protexendo aos que actuaban ilegalmente.
 Os GRS agrediron brutalmente a persoas indefensas, que en ningún momento responderon á agresión e acabaron acusadas de lles romper o material antidisturbios.
 A garda civil de Ponteareas sorprendeunos co su talante colaborador para despois impoñernos sancións de tráfico ás agachadas, con premeditación e alevosía.
Só temos que agradecer aos cidadáns que se puxeron connosco do lado da verdade , xente de todas as ideas e de todas as idades, que , libres de interés persoal, se acercaron a prestar axuda.
É lamentable ter que chegar a estas situacións pola incompetencia das administracións, que fan oídos xordos aos escritos e ás peticións formais de atención.
E máis lamentable aínda ver como agora, despois de rematadas as obras da rotonda se fai palpable que os veciños tiñamos razón.
Pero os responsables aínda non asumiron a súa culpabilidade, e nós estamos pendentes de solucións dignas para a entrada aos nosos barrios.

ESTADO LAMENTABLE DA ENTRADA AOS NOSOS BARRIOS