10 dic 2015

I FEIRA DAS CASAS CULTURAIS

Estivemos na I Feira das Casas Culturais, organizada polo Concello de Ponteareas, pasando unhas xornadas nas que se puxo en valor e se deu a coñecer parte da actividade cultural e artística que se realiza nas distintas parroquias e casas Culturais. Unha oportunidade para convivir, aprender, compartir e gozar tamén das actuacións musicais.