19 sept 2012

EXCURSIÓN AO CEBREIRO

O tempo non podía estar mellor, soleado e tranquilo. O pasado 15 de setembro saímos para O Cebreiro: paisaxes que agrada ver, ainda que xa os coñezas, paseos nos que algo novo sempre se descubre, e reencontro con persoas amigas. Despois de recorrer a aldea, reunímonos para comer nunha zona recreativa próxima. Pola tarde visitamos o Mosteiro de Samos, sen esquecernos, por suposto, de mercar o queixo e algunha que outra lembranza.