18 feb 2013

GRAZAS "PERICO"

Ás veces hai traballos que pasan desapercibidos, porque se fan dende o silencio ou a sombra. 
É o caso de Juan, de seudónimo "Perico", que ano tras ano nos acompañou nas nosas andaduras, festeiras ou non tan festeiras, e puxo o seu traballo á nosa disposición. Grazas a el dispoñemos de numerosas reportaxes fotográficas, de hábil profesional, que teñen un gran valor para nós.
Por iso queremos dende aquí enviarlle unha agarimosa lembranza , e recoñecer publicamente o seu labor.




ENTROIDO 1013: GEISHAS E SAMURAIS

Primeiras fotos caseiras da comparsa deste ano, despois dun desfile 
festeiro a tope ( preme na imaxe). 
Según vaiamos tendo máis iranse achegando ao album:


Como luce o traballo das costureiras e costureiros, e non digamos dos "carroceiros!!!!