18 abr 2010

PICARAÑA 2010


O día 1 de maio os veciños e veciñas que desexen subir á Picaraña reunirémonos coma sempre na poza de Canedo, para subir xuntos a pé, como manda a tradición. Esperaremos pola xente que veña de Ponteareas, que teñen a saída ás 10,30 h. Como novidade este ano haberá actividades no monte durante o día, pois varias asociacións deste concello puxeron empeño en dar un pulo a esta romaría que nos últimos anos estaba decaendo.