18 abr 2010

PICARAÑA 2010


O día 1 de maio os veciños e veciñas que desexen subir á Picaraña reunirémonos coma sempre na poza de Canedo, para subir xuntos a pé, como manda a tradición. Esperaremos pola xente que veña de Ponteareas, que teñen a saída ás 10,30 h. Como novidade este ano haberá actividades no monte durante o día, pois varias asociacións deste concello puxeron empeño en dar un pulo a esta romaría que nos últimos anos estaba decaendo.

1 comentario:

  1. Onte fixo un ano da desproporcionada carga policial contra os veciños,solo espero que todo o relativo a ese dia se solucione canto antes,acordeime de todos e do dia tan amargo que pasastes,un saudo e un abrazo forte para todos.

    ResponderEliminar