18 feb 2013

GRAZAS "PERICO"

Ás veces hai traballos que pasan desapercibidos, porque se fan dende o silencio ou a sombra. 
É o caso de Juan, de seudónimo "Perico", que ano tras ano nos acompañou nas nosas andaduras, festeiras ou non tan festeiras, e puxo o seu traballo á nosa disposición. Grazas a el dispoñemos de numerosas reportaxes fotográficas, de hábil profesional, que teñen un gran valor para nós.
Por iso queremos dende aquí enviarlle unha agarimosa lembranza , e recoñecer publicamente o seu labor.




1 comentario:

  1. sempre co dedo no gatillo e rápido coma un lostrego retratanos sempre que pode e con moito gusto.
    Grazas por todo Perico.

    ResponderEliminar