17 ago 2015

PRÓXIMOS CURSOS

Comezaremos no mes de setembro o curso de Corte e confección, con subvención do Concello de Ponteareas.


Tamén te podes inscribir, para comezar en outubro, aos cursos de Pandeireta e canto popular ou Elaboración de conservas artesanais, ambos con subvención da Deputación de Pontevedra.



 Ademais retomaremos en setembro a actividade de pilates.


8 ago 2015

CELEBRACIÓN DO SAN XOÁN 2015

Como de costume reunímonos xa pola tarde para xogar á chave e a rá, mentres preparamos todo para a cea que compartimos nesa noite meiga. Este ano non puidemos facer fogueira, pero ardeu a queimada, como sempre ao tempo que recitamos o conxuro.
Este ano contamos coas pandereteiras "Pedra da Garza" de Fozara, que animaron e encheron de ritmo a nosa xuntanza.
Aquí temos unha mostra do ben que o pasamos:

                        

 Como novidade, este ano fixemos a saída para recoller as Herbas de San Xoán, poñelas a remollo toda a noite, para lavar  a cara coa auga pola mañá.




Demos comezo a un álbum que iremos completando en anos sucesivos, co que aprendemos dos nosos maiores e o que vaiamos aportando entre tod@s. 
Pinchar na imaxe para ver:

https://picasaweb.google.com/117122253384796948973/HerbasDeSanXoan?authuser=0&feat=directlink



12 mar 2014

ENTROIDO 2014: RUSIA


Comparsa ao completo. Gracias  comparseir@s, costureir@s, carroceiros, fotograf@s e demais colaboradores. Un grande equipo!!!
Accede ao album de fotos.

E aquí unha mostra doutras comparsas que desfilaron neste Entroido en Ponteareas, moi variado e colorido:

24 jun 2013

SAN XOÁN 2013

Celebramos a entrada do verán con xogos, sardiñas e xurelos, cea, fogueiras e queimada. Meigas fóra!