Como de costume reunímonos xa pola tarde para xogar á chave e a rá, mentres preparamos todo para a cea que compartimos nesa noite meiga. Este ano non puidemos facer fogueira, pero ardeu a queimada, como sempre ao tempo que recitamos o conxuro.
Este ano contamos coas pandereteiras "Pedra da Garza" de Fozara, que animaron e encheron de ritmo a nosa xuntanza.
Aquí temos unha mostra do ben que o pasamos:
Como novidade, este ano fixemos a saída para recoller as Herbas de San Xoán, poñelas a remollo toda a noite, para lavar a cara coa auga pola mañá.
Demos comezo a un álbum que iremos completando en anos sucesivos, co que aprendemos dos nosos maiores e o que vaiamos aportando entre tod@s.
Pinchar na imaxe para ver:
Me gusta mucho ese día tener mis plantas para lavar después la cara,Una tradición
ResponderEliminarHay que repetir esa salida..
Si, e completar ese álbum coas herbas e cos nomes que faltan.
Eliminar